O Concello de Outeiro de Rei xunto cos Concellos de Friol, Rábade, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Abadín e Mondoñedo arrancou un programa integrado de emprego o 17 de novembro de 2022 e durará ata o 16 de novembro de 2023.
Este programa está subvencionado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e ten por obxecto a mellora da ocupabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral dos 100 participantes en situación de desemprego dentro dos seguintes colectivos: persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificados e maiores de 45 anos.
A tal fin levaranse a cabo accións de información, orientación, asesoramento, formación, prácticas en empresas, prospección de empresas e intermediación laboral, así como técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes e obradoiros sobre mobilidade laboral.
Este programa promovido polo Concello de Outeiro de Rei conta cun financiamento da Consellería de Promoción Emprego e Igualdade de 250.000 euros e do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), e co cofinanciamento de 30.898,88 euros dos propios concellos integrantes no programa.
As accións formativas que se levan a cabo durante o programa están incluídas dentro do Catálogo de especialidades do SEPE e iniciaronse o 21 de xuño ata o 30 de setembro de 2023.
Serían as seguintes co número de participantes en cada unha delas:
Todas as persoas demandantes que participen no programa integrado de emprego terán dereito a percibir unha bolsa consistente en 7 euros por día de asistencia ás accións do programa e a existencia de medidas de conciliación da vida familiar e laboral.