Estudios Rafer

Nome e apelidos: Daniel de Daniel Rodríguez

Formación: Enxeñería Técnica Industrial especialidade Mecánica. Deseño e Fabricación de Máquinas.

Actividade profesional: Autónomo. Ámbitos de acción principais:

Docencia
Deseño CAD- CAM.
Optimización de vehículos

Que formación impartes en Estudois Rafer? Certificado de profesionalidade FMEC0208: Deseño de Caldeiraría e Estruturas Metálicas.

Cando e como se produce a túa chegada ao equipo de Rafer? Entrei a formar parte do equipo de Rafer a finais de outubro de 2018, o que me permitiu poder seguir traballando no sector da docencia co engadido de estar na cidade na que resido.

E como definirías a túa experiencia ata o de agora? A experiencia está a ser moi satisfactoria, o grupo de traballo está ben coordinado, as instalacións, equipos informáticos están a bo nivel e renóvanse constantemente en función das necesidades.

Por que recomendarías Estudios Rafer a alguén que busque formarse para atopar novas oportunidades laborais? A formación é fundamental en calquera sector profesional e sempre se están adquirindo novos coñecementos. En Estudios Rafer preocúpanse por coñecer as necesidades actuais que demandan as empresas para os seus empregados e enfocar estas a os diferentes cursos de formación

Que motivos lle darías para que se animase a apuntarse ao curso de Deseño de Caldeiraría e Estruturas Metálicas?

Deseño en 3D con software informático punteiro e actualizado.
Posibilidade de realizar proxectos propostos polos alumnos se cumpren uns requisitos, ademais dos xa predefinidos no curso.
Traballar en equipo en proxectos con outros deseñadores.
Cálculos en resistencia de materiais para a xustificación dos deseños creados.
Utilización de software para simulación de procesos de fabricación.

Que saídas profesionais ábrenselle aos alumnos e alumnas ao acabar o curso?

Saídas profesionais en empresas moi diversas, a denominación do posto de traballo poderían ser:

Técnico CAD en Caldeiraría e Estruturas Metálicas.

Delineante proyectista en Caldeiraría e Estruturas Metálicas.

Como son os teus alumnos, con que inquietudes chegan ao comezo dos cursos? O desenvolvemento é moi diferente ás expectativas que teñen ao principio? Os alumnos chegan ao curso con inquietudes comúns relacionadas co deseño CAD, gustaríalles nalgúns casos profundar coa utilización de programas informáticos destinados a facilitar a tarefa do debuxo e deseño de pezas e estruturas; noutros casos introducirse neste sector.

O desenvolvemento é moi particular en función de cada alumno, algúns cumpren e superan as súas expectativas pois traballan duro nos proxectos durante o curso, teñen talento, visión espacial …

Cales dirías que son as competencias que fortalecen durante a formación e que lles fai diferenciais aos teus alumnos á hora de incorporarse a unha empresa? Deseño en 3D e con sumo detalle desde o inicio do curso. Simulación con software dos diferentes procesos de fabricación de pezas deseñadas polo alumno que lle axudan a comprender mellor todo o proceso, desde a concepción do produto á súa obtención final.

Imaxínate ao comezo da túa vida laboral, houbéseche gustado ter á túa disposición un curso así? Por suposto que me gustase dispoñer dunha formación deste tipo ao comezo da miña vida laboral, tería a oportunidade de traballar cos programas de deseño máis actualizados do momento, un equipo coas mesmas inquietudes para poder debater e ver diferentes puntos de vista ao afrontar proxectos.

Por que recomendarías a un reclutador incorporar un alumno formado en Estudos Rafer? Os alumnos que conseguen chegar á fase de prácticas en empresa, superaron con éxito unha serie de proxectos que simulan o traballo actual nas empresas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad