Estudios Rafer

As prácticas profesionais son o último chanzo para os alumnos de Estudos Rafer antes de obter os certificados de profesionalidade. Un paso que á súa vez supón unha ponte entre os estudantes en formación e o mercado laboral. Esta última fase da preparación representa ademais unha excelente oportunidade para aquelas empresas que buscan sumar talento ao seu equipo.

Os períodos de prácticas en empresas, que chegan ata as 120 horas nalgúns casos, son o último requisito para obter o certificado de profesionalidade. Este programa non supón ningún custo para as empresas e, ademais, Estudos Rafer faise cargo do seguro dos alumnos participantes.

O período formativo dos alumnos estará supervisado por un titor do centro de formación que lles será asignado ao principio do mesmo. As vantaxes para as empresas receptoras non rematarían, xa que unha vez validada a formación dos alumnos ou alumnas en prácticas estes obterían de forma definitiva o certificado de profesionalidade. Desde ese momento poderían incorporar ao profesional cun contrato en prácticas cos beneficios para a empresa que isto supon.

Se queres sumar talento ao teu proxecto e, ata o de agora, non tiñas claro como facelo, desde Estudos Rafer recomendámosche esta opción. Un proceso no que tanto as persoas en formación como aquelas empresas que lles abren as súas portas para finalizar a mesma acaban gañando. Os alumnos viven a súa primeira inmersión no mercado laboral e a oportunidade de ter unha continuidade no mesmo. E para as empresas supón ter ao seu alcance talento e profesionais con aptitudes adaptadas á demanda actual do mercado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad