A Axencia Galega de Innovación (GAIN) dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, concedeunos unha axuda, baixo a resolución do 4 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (InnovaPeme 2022). A concesión abarca 2 anualidades: 2022-2023 polo importe total aproximado de 100.000 euros para a implementación de ferramentas e-Learning.
O proxecto consiste na implantación de novas ferramentas e tecnoloxías como plataformas e-Learning, e ferramentas de Realidade Virtual e Aumentada que permitan á empresa, a partir da creación dunha Unidade de Innovación, desenvolver e ampliar a capacidade tecnolóxica da mesma aplicada á formación.