Estudios Rafer

Os alumnos do Plan Integrado de Emprego de Outeiro de Rei recollen 50 quilos de residuos das praias de Foz

Os alumnos e alumnas do Plan Integrado de Emprego do Concello de Outeiro de Rei continúan coa súa formación e, á vez que adquiren capacitacións que poderán utilizar no seu futuro laboral, tamén levan a cabo accións que axudan a coidar o medioambiente.

A ducia de estudantes que actualmente cursan o Certificado de Profesionalidade “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais” participaron nunha actividade pedagóxica e de realización externa de competencias, dirixida polo seu formador Pedro Guerreiro, na que recolleron 50 quilos de residuos nas focenses praias de Llas e Peizás. As persoas participantes no programa gozaron dunha xornada que, co obxectivo de optimizar o estado dos accesos e infraestruturas dos areais, misturou concienciación e formación. O alumnado, despois de recoller os residuos, depositounos nos contedores correspondentes situados no exterior.

Pero a programación non tivo o seu punto final nestas dúas praias, que se atopan entre as máis emblemática da Mariña. Posteriormente o grupo dirixiuse ata o Punto Limpo do Concello de Foz, onde participaron nunha visita guiada para coñecer de preto o seu funcionamento e depositar, á súa vez, aqueles restos recollidos na actividade cuxo destino era a planta clasificadora. Non todos os materiais tiveron o seu final nos contedores ou na planta, xa que algúns serán reutilizados polos participantes na seguinte actividade programada: un taller no que aprenderán a reutilizar residuos.

O programa foi promovido polo Concello de Outeiro de Rei e subvencionado pola Conselleria de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Nel participan alumnos e alumnas, procedentes de oito concellos diferentes da provincia de Lugo (Outeiro de Rei, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Rábade, Begonte, Abadín e Mondoñedo) e ten por obxecto a mellora da ocupabilidad e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a posta en marcha de accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral e mobilidade xeográfica.

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad