Estudios Rafer

O futuro da formación Online xa está aquí

Os tempos están a mudar.  Na era dixital non é raro que moitas tarefas se realicen de forma telemática, mediante diferentes dispositivos electrónicos: operacións bancarias, compras, buscar traballo e mesmo a asistencia a clases e cursos nos campus virtuais ou contornos online de aprendizaxe.

Mediante esta estrutura,  preténdese reproducir as mesmas condicións do aprendizaxe presencial. Deste modo, os estudantes poden asistir a clase, escoitar conferencias, presentar proxectos, realizar avaliacións e incluso exames a distancia.

A gran vantaxe dos contornos online é que permiten ao estudante acceder a información adicional, e ter un contacto directo cos docentes para intercambiar opinións e dúbidas. A irrupción dos campus virtuais responde á evolución dos procesos educativos na procura de novas formas de interacción e comunicación coas persoas interesadas en ampliar a súa formación tanto regulada como non regulada. Dende o campus ofrécense aos estudantes as ferramentas necesarias para que poidan desenvolver dun xeito remoto o coñecemento necesario. É unha especie de centro educativo, sen necesidade dun lugar físico.

Neste tipo de plataformas utilízanse recursos tecnolóxicos, co obxectivo de favorecer ao estudante, sen necesidade de se mover, á optimización da súa educación en termos de tempo e organización. Co seu uso non é necesaria a presenza do alumno no espazo educativo, porque este preséntase no mesmo lugar onde está o alumno.

En Estudios Rafer puxemos en marcha o noso propio Campus Online a través do cal os alumnos acceden a toda a formación que temos dispoñible. Cada estudante ten o seu propio nome de usuario e contrasinal que é persoal e intransferible. Unha vez dentro do campus cada alumno poderá, entre  outras cousas, acceder a toda a formación, facer chegar ao seu titor os traballos, exercicios ou exames que teña. O Campus Online de Estudios Rafer está pensado para adaptarse ás necesidades dos alumnos, cunha interfaz sinxela que lles permitirá dende seguir as distintas clases ata revisar as notas relacionadas cos seus estudos.

Nun mundo que avanza cara ao dixital, onde a educación online é cada vez máis valorada e a tecnoloxía introduciuse de cheo na educación, en Estudios Rafer apostamos polo noso Campus Online para ofrecer aos nosos alumnos a mellor experiencia posible na súa formación.

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad