Estudios Rafer

Fin das prácticas para o alumnado do Plan Integrado de Emprego de Outeiro de Rei

O certificado de profesionalidade de “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais”, incluído no Plan integrado para o emprego de Outeiro de Rei, chegou o seu final.

Despois de superar o período de formación, cunha duración total de 130 horas divididas en dous módulos, a ducia de estudantes que cursaron este certificado puideron poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos durante este certificado. Varias empresas, de diversos sectores, distribuídas polos oito concellos da provincia de Lugo (Outeiro de Rei, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Rábade, Begonte, Abadín e Mondoñedo) que participan neste Plan Integrado de Emprego , encargáronse de probar as capacidades, competencias e melloras obtidas polos alumnos.

Unha vez rematado este período de práctica profesional, que durou 80 horas, chega o momento de considerar o certificado completado. A partir de agora, os estudantes terán novas oportunidades de emprego grazas á formación, orientación e asesoramento recibidos durante o curso. As saidas laborais como traballador de mantemento de sumidoiros, varredor de rúas, traballador de limpeza de rúas e semellantes, ou traballador de recollida de lixo son algunhas das alternativas que poden escoller os participantes nesta formación.

Dadas as circunstancias que estamos a vivir actualmente, calquera das profesións mencionadas anteriormente cumpren un labor moi importante na sociedade, co que esperamos que a porcentaxe de inserción laboral sexa elevada.

Pero o traballo de Estudios Rafer non remata coa finalización do curso, xa que todos os asistentes poderán contar co apoio tanto do profesor Pedro Guerreiro, encargado da formación, como do equipo de orientación laboral do centro e do propio programa, quen serán os encargados de asesorar e apoiar aos participantes en todo o que precisen.

Queremos dende Estudios Rafer agradecer aos estudantes deste certificado a súa dedicación e entrega durante todo este tempo e desexarlles moita sorte no seu futuro traballo. Estamos seguros de que será prometedor.

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad