Ir al contenido principal

Estudios Rafer

CURSOS GRATUÍTOS PARA PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS

Mellora a túa cualificación profesional cunha formación oficial e acreditable

Estudios Rafer abre o prazo de inscrición para novas accións formativas subvencionadas pola Xunta de Galicia dentro da convocatoria de accións formativas do Sistema de Formación Profesional dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas. Estas formacións permiten adquirir competencias profesionais recoñecidas oficialmente e mellorar as oportunidades de promoción laboral.

Formación 100 % subvencionada

  • Sen custo para o alumnado.
  • Formación oficial do Sistema de Formación Profesional.
  • Docentes especializados.
  • Certificación oficial das competencias adquiridas.
  • Compatible coa actividade laboral.

Aprenderás a publicar e manter páxinas web nun servidor profesional, utilizando ferramentas de transferencia de ficheiros, técnicas de seguridade, sistemas de publicación e verificación da calidade dos sitios web. O módulo forma parte do certificado profesional IFCD0110 Confección e publicación de páxinas web.

Contidos destacados

  • Seguridade na publicación web.
  • Ferramentas FTP e transferencia de ficheiros.
  • Publicación e posicionamento básico.
  • Verificación e control de calidade.
  • Optimización para distintos navegadores.

Saídas profesionais

  • Xestor/a de contidos web.
  • Administrador/a de sitios web.
  • Técnico/a de publicación web.
  • Apoio a departamentos de marketing dixital.

Mellora a túa capacidade para comunicarte en inglés en contornos administrativos e comerciais, atendendo clientes e realizando xestións profesionais internacionais.

O que aprenderás

  • Atención telefónica en inglés.
  • Correspondencia comercial.
  • Correo electrónico profesional.
  • Xestión de incidencias.
  • Presentación de produtos e servizos.
  • Comunicación con clientes internacionais.

Saídas profesionais

  • Administrativo comercial.
  • Persoal de atención ao cliente.
  • Auxiliar de comercio internacional.
  • Persoal de recepción e administración.

Aprende a utilizar con soltura as principais ferramentas ofimáticas empregadas nas empresas: procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos, presentacións, correo electrónico e xestión documental. É unha das competencias máis demandadas no ámbito administrativo e empresarial.

O que aprenderás

  • Microsoft Word e LibreOffice Writer.
  • Excel e follas de cálculo.
  • Bases de datos.
  • Presentacións profesionais.
  • Xestión do correo electrónico.
  • Organización e tratamento da información dixital.

Saídas profesionais

  • Auxiliar administrativo.
  • Persoal de oficina.
  • Persoal de apoio administrativo.
  • Xestión documental e arquivo.

Adquire os coñecementos necesarios para xestionar a área económico-financeira dunha pequena empresa ou negocio.

O que aprenderás

  • Planificación financeira.
  • Tesourería e control de caixa.
  • Facturación e cobros.
  • Contabilidade básica.
  • Análise económica.
  • Obrigas fiscais e administrativas.

Saídas profesionais

  • Administrativo financeiro.
  • Responsable administrativo de pemes.
  • Xestor de microempresas.
  • Persoal de apoio á dirección.

Solicita a túa praza

As prazas son limitadas.

Estudios Rafer

📞 982 222 649

formacion@estudiosrafer.es

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad