Rafer foi adxudicataria do concurso do contrato público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar polo que se executan as accións formativas no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en situación de risco de exclusión social.
Por resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar con posterior publicación na Plataforma de contratos de Galicia e no perfil de contratante do Consorcio, convocouse a contratación dun servizo de impartición de accións formativas no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en situación ou risco de exclusión social atendidas polo equipos comarcais de Inclusión Sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, financiado con fondos REACT-UE no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia COVID-19. Lotes (1, 2, 3 , 4, 5, 6, 7, 8)