A chegada do que moitos denominan Nova Normalidade trouxo moitos cambios ás nosas vidas. Novos hábitos sociais, hixiénicos, novos modelos produtivos…e o mundo da formación non podía ser menos. Un escenario diferente ao que en Estudios Rafer quixémonos adaptar. E por iso gustaríanos falarvos do noso novo Campus Online.
A adecuación das nosas instalacións aos protocolos marcados polas autoridades, para garantir a seguridade de todos, non é o único cambio que vas ver pola nosa banda tras o estado de alarma provocado pola Covid-19. Cambian os tempos, as esixencias e as vosas expectativas. E por iso, atendendo á vosa demanda, nace o novo Campus Online de Estudos Rafer. Unha plataforma accesible desde o teu computador, móbil ou Tablet na que poderás levar a cabo a túa formación desde onde ti queiras, coas mesmas garantías e ferramentas coas que contabas ata o de agora cando acudías aos nosos centros.
Non se trata dunha ferramenta de teleformación, fría e na que non intercambias información ao momento. Dentro do noso Campus terás acceso á Aula Virtual onde ti e todas as persoas que integrades o teu grupo de formación atenderedes ás explicacións do formador ou formadora e poderedes interactuar en directo. A totalidade das clases impartiranse a través desta plataforma que se apoia na tecnoloxía da app Zoom, que deberedes instalar previamente. Ademais, dentro do Campus, teredes un correo que servirá de acceso directo ao voso titor ou titora para consultar ou aclarar calquera tipo de dúbida. Tamén teredes á vosa disposición un apartado de “Avisos” no que poderedes acceder a diferentes foros de dúbidas ou informacións relevantes ao curso e conectar co resto de compañeiros ou compañeiras. O acceso ao Campus Online de Estudos Rafer é tan sinxelo que nos bastan cinco pasos para explicárvolo. Pero para iso deberedes seguir con atención as próximas publicacións nas nosas redes sociais, onde explicaremos como debedes facer para gozar desta nova ferramenta.