Un cento de persoas de oito municipios da provincia de Lugo (Outeiro de Rei, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Rábade, Begonte, Abadín e Mondoñedo) participan dende o 20 de abril, en modalidade de teleformación, no Programa Integrado de Emprego do Concello de Outeiro de Rei que desenvolve Estudios Rafer.
Sempre seguindo as instrucións sobre as medidas derivadas da situación e evolución do coronavirus (COVID-19) e a normativa que determina o estado de alarma, o alumnado recibirá formación orientada á búsqueda de emprego: redes sociais para búsqueda de emprego, activación e motivación para a busqueda de emprego, claves para superar unha entrevista de traballo, habilidades sociolaborais, emprendemento e autoemprego, mobilidade laboral, comunicación verbal e non verbal e ferramentas de comunicación innovadoras.
Unha vez adquiridas esas ferramentas as persoas participantes recibirán outra formación transversal en idiomas, preparación de competencias clave, carnets e certificados de profesionalidade. No momento no que sexa posible faranse visitas didácticas a empresas dos concellos para presentar o programa e os perfis profesionais co obxetivo de intermediar e procurar a inserción laboral.
O programa foi promovido polo Concello de Outeiro de Rei e subvencionado pola Conselleria de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Ten por obxecto a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a posta en marcha de accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, e movilidade xeográfica .
O programa estará dividido nas seguintes etapas:
- Fase de entrevistas
- Procesos formativos previos
- Formación transversal
- Itinerario de inserción
Unha vez finalizada a fase de entrevistas o alumnado segue actualmente o proceso formativo a través dunha teleformación que finalizará o 5 de maio. Posteriormente realizararase una formación en idiomas, preparación de competencias clave, carnets e certificados de profesionalidade. Durante todo o proceso os participantes levarán a cabo de forma simultánea o itinerario de inserción laboral.