Estudios Rafer

En Estudios Rafer formamos aos profesionais que estás a buscar

Necesitas incorporar ao teu persoal a perfís especializados en Xestión de Marketing e Comunicación ou Desenvolvemento de Proxectos de Automatización Industrial? Pois estás xusto no lugar adecuado no momento adecuado, porque en Estudios Rafer formamos aos e ás profesionais que estás a buscar.

O alumnado dos nosos Certificados de Profesionalidade nestas dúas especialidades finalizou a súa formación teórica e afronta o seu último chanzo para obter o título: o período de prácticas profesionais non laborais.

Despois do parón obrigado pola situación sanitaria que provocou a Covid-19 os nosos alumnos e alumnas completaron a capacitación que lles permitirá poder exercer como técnicos en publicidade e/ou relacións públicas, técnicos en organización de feiras e eventos, organizador de eventos de márketing e comunicación, asistente do xefe de produto, técnico en márketing ou auxiliar de medios en empresas de publicidade no caso do Certificado de Xestión de Marketing e Comunicación. Os estudantes de Automatización Industrial poden desempeñar funcións de proyectista de sistemas de control de automatización industrial, proyectista de sistemas de medida e regulación de automatización industrial, proyectista de redes de comunicación de sistemas de automatización industrial, programador, controlador de robots industriais, técnico en deseño de sistemas de control eléctrico, deseñador de circuítos e sistemas integrados en automatización industrial.

Este último período formativo constará de 80 horas nas que as persoas participantes no programa aplicarán as aptitudes adquiridas nunha contorna profesional real. Trátase dunha oportunidade que beneficia a ambas as partes: aos alumnos para ter acceso a esa primeira oportunidade laboral e ás empresas para captar talento cualificado. Ademais non ten ningún custo para aquelas firmas que decidan acoller a estas persoas en período de prácticas, xa que estas acudirán ao seu posto de traballo cun seguro xa satisfeito por parte de Estudios Rafer.

Estás interesado en incorporar algún destes perfís? Pois date présa e ponte en contacto connosco, porque as datas de inicio están próximas. O próximo 14 de outubro comezarán os alumnos do Certificado de Desenvolvemento de Proxectos de Automatización Industrial e o 19 de outubro os de Xestión de Marketing e Comunicación.

Xa o sabes: se queres sumar talento á túa empresa esta é a túa mellor oportunidade. Para facelo realidade ponte en contacto connosco en formacion@estudiosrafer.es ou no 982 222 649.

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad