Estudios Rafer

A elaboración dun bo Currículo Vitae é unha acción que en moitos casos pode ser chave á hora de aumentar as posibilidades de éxito nun proceso de selección. Moitas veces non lle damos a importancia que ten a un documento que é a nosa “carta de presentación”. Non nos podemos esquecer de que se trata dunha primeira impresión sobre o noso desenvolvemento profesional e formativo que pode inclinar a balanza cara a un lado ou outro na decisión do reclutador. Por iso desde Estudios Rafer queremos ofrecervos unha serie de consellos para que sexadess capaces de elaborar un documento tan atractivo, que vos chovan as ofertas.

Se buscas na internet atoparás decálogos, táboas e innumerables consellos. Nós queremos facercho simple e esta é a nosa “Lista de consellos Rafer para elaborar un currículo atractivo”:

1- Ao gran: elabora un documento que recolla de forma sintética a túa experiencia e faino dunha forma clara e sinxela. Quen o vai a ler levará centos. Ponllo fácil para que queden as cousas claras e un bo recordo. E non te excedas dun par de folios!

2- As cousas, fáciles: utiliza unha letra de lectura sinxela e frases non moi sobrecargadas. Achega datos relativos aos nomes das empresas para as que traballaches, datas e postos. E non te esquezas todo o relativo aos estudos. Lembra un sinxelo truco: trata de responder a que, onde e cando sobre cada unha das túas experiencias.

3- Adáptate: se os negocios adaptan a súa oferta á súa clientela, como non vas facer a ti o mesmo con quen necesita dos teus servizos? Non fagas currículos idénticos. Se tes claro a que ofertas presentarte, adapta a información ás necesidades de quen poida contratarte.

4- A verdade por diante: adáptate si, pero non mintas. A eterna lenda do “Inglés Medio” pode ser un lastre máis adiante. Que a túa presentación mostre as túas verdadeiras aptitudes sen adornala con suculentos “cebos” que logo poidan ir no teu contra.

5- Estrutura a información en varias categorías: pode parecer o máis básico, pero ás veces non caemos na conta. Comezaremos coa información persoal (nome e apelidos, datos de contacto e dirección) que acompañaremos dunha boa foto de carné. Aviso: nada de poses raras, falamos de algo profesional. A continuación a información laboral, máis tarde a información académica e por último outros datos persoais de interese (dispoñibilidade para viaxar, carné, vehículo propio, pertenza a asociacións..etc)

6- Moi profesional: paramos para debullar un pouco máis o que deberías reflectir sobre a túa información laboral. Ofrece de forma sinxela ao reclutador información sobre as túas experiencias: nome da empresa, data e responsabilidades so tarefas levadas a cabo. Podes incluír desde os teus últimos traballos a aquelas primeiras prácticas que fixeches por orde cronolóxica descendente. Iso si, se tes moitas experiencias é mellor que vaias eliminando aquelas máis breves ou menos relevantes. Xa sabes que hai que poñelo fácil a quen le.

7- Cum laude: por último repararemos na información académica. Do mesmo xeito que no caso da profesional deberás ofrecer datos claros e concisos. O nome da titulación, o centro en que a cursaches e a data serán suficientes. Neste apartado será interesante que poidas complementalo con outros coñecementos como os idiomas ou as capacidades en novas tecnoloxías. E sempre que teñas un título regrado en calquera delas, non te esquezas de mencionalo.

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad