Estudios Rafer

Nome e apelidos:

Ana Cadahía Fernádez

Formación ( Titulos profesionais):

Arquitecto

Actividade profesional:

Arquitecto en Estudo Cadahía S.L.

Que formación impartes en Estudios Rafer?

Representacións de construción. Análise de datos e proxectos, representación de planos, representación gráfica e maquetismo.

Cando e como se produce a túa chegada ao equipo de Rafer?

A miña chegada a Rafer foi hai 4 anos, no 2016

E como definirías a túa experiencia ata o de agora?

Non podería dicir nada malo de Rafer tanto laboral como persoalmente o trato é fantástico

Por que recomendarías Estudios Rafer a alguén que busque formarse para atopar novas oportunidades laborais?

Porque valoro moito a formación e creo que é o primeiro paso a dar para obter resultados no mercado laboral.

Que motivos lle darías para que se animase a apuntarse ao curso de Representación de proxectos de obra civil?

Creo que é un curso moi completo para as persoas que teñas formación basee neste campo ou similar para aumentar opcións neste momento no que o mercado laboral é tan diverso e competitivo.

Que saídas profesionais ábrenselle aos alumnos e alumnas ao acabar o curso?

Dependerá de cada un, en función das inquietudes que se lle esperten pois o temario é moi amplo do mesmo xeito que o mercado laboral.

Como son os teus alumnos, con que inquietudes chegan ao comezo dos cursos? O desenvolvemento é moi diferente ás expectativas que teñen ao principio?

As inquietudes do mesmo xeito que o alumnado son realmente dispares e si claramente ao longo do curso supoño que irán modificando expectativas e centrándoas en función do que máis lles interesa pois como xa dixen o temario é moi amplo e a medida que se avanza co mesmo as propias expectativas do alumnado poden irse modificando.

Cales dirías que son as competencias que fortalecen durante a formación e que lles fai diferenciais aos teus alumnos á hora de incorporarse a unha empresa?

Creo que é importante o esforzo que se fai por dar unha formación variada en programas informáticos que se están usando agora mesmo no mercado laboral.

Os proxectos de obra civil ten unha gran magnitude e se fragmentan en moitos compartimentos. O teu compartes esta formación con Pablo Otero que lles achega aos vosos alumnos ter esas dúas diferentes visións?

Ao impartir este curso dous ou máis docentes e con formacións distintas achégase ao alumnado esas visións como ben dicides diferentes que de dan a oportunidade de redirixir as súas expectativas en función das súas inquietudes e gustos.

Desde o teu punto de vista, máis arquitectónico, cales son os principais retos aos que se ten que enfrontar un alumno formado neste curso cando entre a formar parte dun proxecto?

Enfrontarse a un proxecto sempre vai ser complicado e nunca hai dous proxectos iguais polo que calquera pode verse #ante retos nun inicio, o importante é poñelo todo da nosa parte.

Traballaches para particulares, no teu propio estudo, tamén participaches desenvolvendo proxectos públicos cal foi o reto máis complicado e á vez máis gratificante na túa carreira?

Calquera proxecto por pequeno que pareza pode ser un dos máis importantes ou complicado polo que non podería indicar un en concreto pero claramente en relación aos máis complicados estes foron os primeiros tras saír da carreira.

Imaxínate hai uns anos, cando te expuñas o teu futuro profesional. Gustouche ter á túa disposición un curso así?

Sempre valorei a formación, tanto naquel momento como hoxe día asisto a todos os cursos que podo

Por que recomendarías a un reclutador incorporar un alumno formado en Estudos Rafer?

Porque son alumnos que saen ben formados e con ganas de reincorporarse no mundo laboral e achegar o mellor de se mesmos. Estudos Rafer durante a formación achéganlles un valor engadido e traballan moito con eles a motivación, tanto que nalgúns casos parte dos seus alumnos deciden montarse pola súa conta, creando por tanto xa non só emprego senón negocio na zona onde crean a súa propia empresa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad