Nome e apelidos: José Manuel Villamor Cabado
Formación: Grao en Dereito, Máster en Dirección de Recursos Humanos, Máster en Formación do Profesorado, Máster en Prevención de Riscos Laborais, Máster Administración e Dirección de Empresas.
Actividade profesional: Combino a docencia en Rafer coa docencia en Educación Secundaria e Formación Profesional, nas especialidades de FOL e Economía.
Que formación impartes en Estudios Rafer? Na actualidade estou a impartir o Certificado de Profesionalidade de Xestión e Control do Aprovisionamento.
Cando e como se produce a túa chegada ao equipo de Rafer? A finais de outubro do ano pasado contactei con Rafer porque estaban a buscar un docente para o curso de Aprovisionamento que empezaba en novembro, tiven unha entrevista e decidimos que me fixese cargo do curso.
E como definirías a túa experiencia ata o de agora? Ata o momento a experiencia é moi positiva, todas as persoas que integran Rafer colaboraron comigo en todo o que lles pedín e os medios técnicos e instalacións cumpren sobradamente as miñas necesidades.
Por que recomendarías Estudios Rafer a alguén que busque formarse para atopar novas oportunidades laborais? O trato humano tanto co docente como cos alumnos é exquisito, ademais en Rafer preocúpanse en facilitarlle ao alumno non só os mellores medios técnicos, senón que se involucran en determinadas xestións que o alumno debe realizar coa Administración relacionadas con axudas, dietas, etc., o cal é moi valorado polos alumnos, así mo trasladaron en repetidas ocasións durante as clases.
Outro aspecto importante é a procura e selección do centro de prácticas. En Rafer procuran que este sexa adecuado ás materias que se imparten no cursos, e á súa vez que se adapte ás necesidades e circunstancias profesionais do alumno. Tamén a orientación laboral que se lles presta aos alumnos considero que é un factor que diferencia a Rafer doutras academias.
Que motivos lle darías para que se animase a apuntarse ao curso de Xestión e control do aprovisionamento? A materia do curso é moi versátil, os contidos adáptanse tanto á empresa grande como á PEME, o alumno descobre como realizar na empresa as compras ou levar o almacenamento dun modo ordenado e sistematizado, que lle permite xestionar mellor os recursos e anticiparse a situacións desfavorables no almacén. Por tanto, os coñecementos que adquire son moi útiles na maioría das empresas, o cal lle abre portas no mercado laboral.
Que saídas profesionais ábrenselle aos alumnos e alumnas ao acabar o curso? As saídas profesionais están relacionadas sobre todo co aprovisionamento e a loxística, por exemplo, Axente de Compras, Xefe de Aprovisionamento ou Técnico en loxística do aprovisionamento.
Como son os teus alumnos, con que inquietudes chegan ao comezo dos cursos? O desenvolvemento é moi diferente ás expectativas que teñen ao principio? Os alumnos veñen bastante motivados e con ganas de aprender, ven no curso unha oportunidade de mellora no mercado laboral. Algúns xa tiñan coñecementos sobre a materia e o curso sérvelles para lembralos ou como reciclaxe. Ao tratarse dun nivel 3, practicamente todos os alumnos teñen moita formación, en ocasións relacionada dalgún modo coa materia do curso, como pode ser Formación Profesional de Administrativo ou ADE.
En canto ao desenvolvemento do curso, en principio as expectativas cúmprense, pero o que máis valoran é a realización de exercicios prácticos e a utilización de medios audiovisuais, o curso resulta máis ameno e apréndese máis, tamén o facelo participativo é moi importante.
Cales dirías que son as competencias que fortalecen durante a formación e que lles fai diferenciais aos teus alumnos á hora de incorporarse a unha empresa? Creo que os exercicios prácticos xogan un papel esencial, poñen aos alumnos en situacións que se parecen á realidade, sobre todo se non son moi enrevesados e se son moi variados. O importante é que o alumno unha vez completado o curso saiba tomar decisións cun criterio profesional.
Durante o curso procurei que o alumno aproveite a formación para aprender materias que se poden saír un pouco da programación oficial, pero que estean relacionadas coa xestión empresarial e o emprendemento, como aspectos relacionados cos trámites administrativos para crear unha empresa, algunhas pinceladas sobre finanzas, aspectos legais no ámbito laboral e sobre todo en materia de prevención de riscos laborais, que para min é o máis importante nunha empresa, máis @teniendo en cuenta que o alumno o día de mañá pode desenvolver o seu traballo en condicións de risco nun almacén ou fábrica.
A túa experiencia profesional é moi ampla e foi evolucionando da empresa á formación Que che gusta transmitir de cada experiencia aos teus alumnos nas formacións? Boa parte dos contidos que fun trasladando aos alumnos fundaméntase na miña experiencia laboral, tamén interésame moito que eles compartan as súas experiencias, xa que son tan importante como as miñas. Tal vez o máis significativo é que debemos ter claro que no mundo da empresa debes estar sempre aprendendo porque os erros páganse moi caros, tamén hai que estar moi ben asesorado e preferiblemente recibir asesoramento de varias fontes.
O teu currículo mostra que es un profesional en continua renovación de coñecementos, sempre formándote. Cales cres que son os principais riscos aos que se enfronta un profesional que non recicla os seus coñecementos habitualmente? Como comentaba na resposta anterior, ás veces os erros páganse moi caros. Por outra banda, nos tempos que vivimos se non te reciclas vas ter menos oportunidades de mellora dentro da empresa e no mercado laboral, hai moita competencia no mercado e de entrada a formación é un factor crave á hora da contratación ou para as túas aspiracións profesionais, é tan importante como a experiencia, para o novas aínda máis, porque non poden atesourar unha experiencia laboral significativa.
Imaxínate ao comezo da túa vida laboral, houbéseche gustado ter á túa disposición un curso así? Porsupuesto que si. Este tipo de formación resulta moi útil porque en poucos meses adquires unha titulación oficial con acreditación en todo o Estado, cun nivel equiparable ao da formación profesional regrada. Así mesmo, ese carácter oficial ofrece a vantaxe de que os títulos poden ser baremables en procesos selectivos da Administración pública. A titulación está enfocada plenamente á adquisición de competencias profesionais nun determinado campo, de forma que se prescinde de moitos contidos teóricos pouco útiles e vaise ao gran. Todo iso dálle a este tipo de formación un carácter profesioanlizante que abre moitas portas no mercado laboral.
Por que recomendarías a un reclutador incorporar un alumno formado en Estudos Rafer? En Estudios Rafer preocúpanse de que a formación non sexa unha mera acumulación de horas, saben que o prestixio da academia depende da calidade da formación e do trato persoal ao alumno. Por iso, procuran que o alumno salga o mellor formado posible, de tal modo que o día de mañá cando se incorpore a unha empresa esta perciba que en Rafer formouse un bo profesional. É tamén unha maneira de crear alianzas futuras coas empresas. Que Rafer teña unha boa taxa de inserción laboral dos seus alumnos repórtalle moitas vantaxes, xa que por exemplo permite establecer alianzas coas empresas cando estas perciben que a calidade da formación é boa e por tanto no futuro serán receptivas aos alumnos que estiveron en Rafer, esta tarefa xa comeza coas prácticas nas empresas.