Coñece a...Francisco Gey (Xestión da Produción en Fabricación Mecánica)
Nome e apelidos: Francisco Gey Franco
Formación:
Enxeñeiro Técnico Industrial.
SSCE0110 Docencia da Formación Profesional para o Emprego.
Actividade profesional:
Formador
Que formación impartes en Estudios Rafer?
Certificado Profesionalidade FMEM0109 Xestión da Produción en Fabricación Mecánica.
Cando e como se produce a túa chegada ao equipo de Rafer?
Acabo de chegar ao equipo de Rafer para impartir o Certificado de Profesionalidade Xestión da Produción en Fabricación Mecánica.
Por que recomendarías Estudos Rafer a alguén que busque formarse para atopar novas oportunidades laborais? Pola calidade e a variedade de formación ofrecida que tenta axustarse ás neccesidades do mercado laboral.
Que motivos lle darías para que se animase a apuntarse ao curso de Xestión da Produción na Fabricación Mecánica? Adquirir coñecementos e habilidades para planificar, xestionar e controlar os recursos materiais e humanos dunha empresa.
Non é a túa primeira formación en Estudios Rafer, pero se será a túa estrea no Campus Online. Que esperas desta ferramenta? Que vantaxes lle ves na situación actual? As posibilidades de comunicación flexible adaptable ás diversas necesidades e situciones do alumnado. Posibilita a oportunidade de seguir formándose e compatibilizar distintas localizacións físicas e situacións persoais.
En que crees que vai cambiar o curso con esta nova modalidade?
Ímonos familiarizar máis co uso de ferramentas dixitais, tanto para o traballo individual como colaborativo.
Como son xeralmente os teus alumnos, con que inquietudes chegan ao comezo dos cursos? O desenvolvemento é moi diferente ás expectativas que teñen ao principio? Chegan con distintas experiencias e capacidades. Mellorar a súa formación para ter novas oportunidades laborais. Tento axustar os contidos ás necesidades que me transmiten.
Cales dirías que son as competencias que fortalecen durante a formación e que lles fai diferenciais aos teus alumnos á hora de incorporarse a unha empresa? Adquiren competencias en planificación, xestión, custos e control dos diversos factores que interveñen nun proceso produtivo.
Por que recomendarías a un reclutador incorporar un alumno formado en Estudios Rafer? Pola orientación da súa formación para dar resposta ás necesidades do mercado laboral