Estudios Rafer

A Orientación Laboral aumenta as posibilidades de inserción do alumnado

A Orientación Laboral é un dos factores que fan de Estudios Rafer un centro referencia no seu sector. Este proceso ten unha gran importancia para poder optimizar o período de prácticas do alumnado e, á vez, aumentar as posibilidades dunha posible inserción laboral a posteriori. En que consiste o proceso? Hoxe explicámosvos un pouco máis como funciona o noso departamento de Orientación Laboral:

1- Toma de contacto: o primeiro paso será o contacto do persoal do noso departamento co noso alumnado. Mediante a recepción de currículos poderán facer unha aproximación a cada perfil.

2- Primeira entrevista: mediante unha entrevista persoal, que pode ser presencial ou a través do noso Campus  Online (aula virtual) segundo as preferencias de cada caso, comezaremos a ensaiar os posibles escenarios que os alumnos e alumnas poden atopar cando acoden a un proceso de selección.

3- Proxecta o teu potencial: moitas das experiencias profesionais e persoais que analizamos son de gran interese pero, ás veces, quen as protagoniza non saben como expoñelo da mellor maneira. Mediante a análise e optimización do Currículo  Vitae melloraremos a primeira impresión, pero tamén traballaremos como sacar a relucir eses atractivos cando teñas que facelo cara a cara cun entrevistador.

4- Sempre ao teu carón: se cursaches o teu Certificado de Profesionalidade en Estudios Rafer, o noso equipo estará á túa disposición sempre que o precises para preparar calquera proceso de selección no que vaias participar. Ponte en contacto connosco e asesorarémoste no que necesites para que a túa entrevista termine sendo todo un éxito.

O servizo de Orientación Laboral de Estudios Rafer é tamén un excelente apoio para que as empresas poidan atopar a aqueles ou aquelas profesionais que están a buscar. O traballo de optimización de todos os perfís permite  indentificar con maior precisión cales son os máis axeitados para cada necesidade. En Rafer estamos encantado de servir de ligazón entre profesionais e empresas para que ambos alcancen con satisfacción os seus obxectivos.

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad