Estudios Rafer

O alumnado que participa no Programa Integrado de Emprego do Concello de Outeiro de Rei continúa completando as diferentes fases da súa formación e xa ten data para o inicio dos certificados de profesionalidade: o 3 de setembro.

Xusto un día despois de finalizar a súa formación en competencias clave, dous grupos de 13 alumnos e alumnas poñerán un pé no seguinte banzo do programa. De forma presencial, seguindo sempre todas as medidas de hixiene e seguridade establecidas polas autoridades, impartirase o certificado de profesionalidade “Limpeza en Espazos Abertos e Instalacións Industriais”. Os participantes neste certificado de nivel 1 realizarán prácticas en empresas da zona para favorecer a súa inserción laboral.
A duración dos módulos formativos alcanzará as 130 horas, durante as cales adquirirán competencias en labores de limpeza en espazos abertos, así como en instalacións e equipamentos industriais. As prácticas profesionais non laborais levarán a cabo durante 80 horas, tras as cales o alumnado estará perfectamente cualificado para ocupacións como Operario en mantemento de rede de sumidoiros, Barrendero, Operario de limpeza viaria e afíns ou Peón de recollida de residuos.

O programa foi promovido polo Concello de Outeiro de Rei e subvencionado pola Conselleria de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Nel participan alumnos e alumnas, procedentes de oito concellos diferentes da provincia de Lugo (Outeiro de Rei, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Rábade, Begonte, Abadín e Mondoñedo) e ten por obxecto a mellora da ocupabilidad e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a posta en marcha de accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral e mobilidade xeográfica .

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad