Estudios Rafer

En Estudios Rafer sabemos da importancia de que os nosos programas académicos estean dirixidos polo mellor profesional docente. Por iso estamos á procura de dúas persoas responsables, organizadas e actualizadas tanto ás necesidades do mercado laboral como ás súas profesións.

En concreto, precisamos persoal para o curso de Operación de Sistemas Informáticos e para o de Instalacións Caloríficas. Estes son os requisitos para incorporarse ao equipo docente de cada unha deles:

 

Para o curso de Operación de Sistemas Informáticos (IFCT 0210):

Formación: 

  1. Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou o título de grao correspondente ou ben outros títulos equivalentes.
  2. Diplomado, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico ou o título de grao correspondiente ou ben outros títulos equivalentes.
  3. Técnico Superior na familia de Informática e comunicacións.
  4. Certificado de Profesionalidade de nivel 3 da familia profesional deste curso
  5. Informática e comunicacións, área de Sistemas e telemática.

 

Experiencia profesional acreditada de, polo menos, 1 ano nos seguintes campos.

  1. Técnico en sistemas microinformáticos.
  2. Operador de sistemas.
  3. Técnico de soporte informático.

 

 

Para o curso de Instalación Caloríficas (IMAR0508)

Formación:

  1. Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou o título de grao correspondente ou ben outros títulos equivalentes.
  2. Diplomado, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico ou o título de grao correspondente ou ben outros títulos equivalentes.

 

Experiencia profesional acreditada de, polo menos, 1 ano como mínimo

  1. Delineante proxectista de instalacións caloríficas.
  2. Planificador de montaxes de instalacións caloríficas.

 

Cumpres os requisitos e gustaríache pasar a traballar man a man nun dos centros de formación para desempregados de referencia da provincia de Lugo? Pois non o dubides e envíanos a túa candidatura ao enderezo rrhh@estudiosrafer.es.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad