Coñécenos

Estudios Rafer

A formación profesional é un dos piares fundamentais que debes ter en conta para seguirlle o ritmo ao mercado laboral, invadido polas novas tecnoloxías e onde cada vez existe unha maior competitividade.

En Estudios Rafer levamos máis de 20 anos traballando en Lugo e Vilalba con auténticos profesionais do ámbito da formación e dos recursos humanos para ofrecer novas oportunidades a persoas que buscan traballar e superarse día a día.

A nosa constante adaptación ás esixencias cada vez maiores do mercado laboral converte a Estudios Rafer nun dos centros formativos de referencia da provincia de Lugo, acadando unha media dun 30% de inserción laboral en cada curso e ofrecendo un servizo público de calidade combinado cun novidoso sistema de orientación e asesoramento laboral personalizado e adaptado ás necesidades de cada persoa.

Se queres seguir medrando no teu sector ou, pola contra, estás á procura de novas oportunidades laborais non dubides en contactar con Estudios Rafer, un centro responsable e actualizado no que atendemos ás últimas necesidades do mercado.

Contacta con nós

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación. Se continúa navegando consideraremos que acepta o seu uso. Máis información