Estudios Rafer

Nome e apelidos: David Bouza Bermúdez

Formación: Enxeñeiro Técnico Industrial – Automática e Electrónica

Actividade profesional: formador técnico, programador de PLC, HMI e accionamentos, consultor-xestor de proxectos.

Que formación impartes en Estudios Rafer? Proxectos de sistemas de automatización industrial

Cando e como se produce a túa chegada ao equipo de Rafer? Febreiro de 2019, como substituto.

E como definirías a túa experiencia ata o de agora? Excepcional

Por que recomendarías Estudios Rafer a alguén que busque formarse para atopar novas oportunidades laborais? Cursos orientados a perfís laborais con demanda. Bastante concretos e específicos.

Que motivos lle darías para que se animase a apuntarse ao curso de Desenvolvemento de proxectos de sistemas de automatización industrial? Coñecer os sistemas demandados hoxe en día, tecnoloxías de automatización punteiras.

Que saídas profesionais ábrenselle aos alumnos e alumnas ao acabar o curso?Talleres de montaxe de armarios de automatización, enxeñerías de sistemas de automatización, consultoras de enxeñería, oficinas de proxectos de enxeñería.

Como son os teus alumnos, con que inquietudes chegan ao comezo dos cursos? O desenvolvemento é moi diferente ás expectativas que teñen ao principio? Algúns chegan con medo por inexperiencia ou descoñecemento da materia e software a utilizar. Pero moi pronto ven perspectivas interesantes e posibilidades de futuro. Nun par de semanas atópanse inmersos no curso e con ganas de máis.

Cales dirías que son as competencias que fortalecen durante a formación e que lles fai diferenciais aos teus alumnos á hora de incorporarse a unha empresa? Aprenden a manexarse con software industrial, a ter unha perspectiva global dun sistema de automatización, a deseñar a documentación dun proxecto, etc.

Imaxínate hai uns anos, cando te plantexabas o teu futuro profesional. Houbéseche gustado ter á túa disposición un curso así? Sen dúbida. Eu tiven a sorte de empezar nunha multinacional líder en automatización, mediante unha bolsa de formación na que recibín moitos cursos curtos, que dalgunha maneira ven reflectidos na formación que agora imparto.

Que che achega, en que che enriquece a docencia e o contacto con persoas ás que lle gustaría ingresar no mercado laboral no teu sector? O contacto persoal diario. Tanto na época de formador como asesor, co feito de coñecer a moita xente nova cada semana e agora co certificado, vendo a evolución dalgúns alumnos que partían «case de cero» e eles mesmos sorpréndense do que chegan a programar.

Por que recomendarías a un reclutador incorporar un alumno formado en Estudios Rafer? Porque debe saber que o certificado cursado é bastante específico e séguense criterios esixentes para avaliar aos alumnos. Ademais diso, o proceso de selección previa dos alumnos é moi acertado, xa que se escollen perfís profesionais afíns ao certificado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad