Estudios Rafer

O 1 de xullo foi unha data moi especial para Estudios Rafer. Máis de 100 días despois da última clase antes da crise sanitaria provocada pola Covid-19 a actividade volveu ás nosas aulas.

Esas bolboretas no estómago, case tan fortes como as que sentiamos cando comezamos co proxecto, deixábannos claro que non era un día calquera. Desde primeira hora volvemos ver a moitas caras coñecidas que facía xa demasiado tempo que non viamos. O que xa non foi tan familiar para todos foron as renovadas instalacións de Villalba e Lugo. Eses sitios que case levaban o nome de cada alumno ou alumna gravado na cadeira, de tantas horas que pasaron neles, xa non son os mesmos. Todas as estancias foron adecuadas ás normas establecidas para garantir a seguridade do profesorado e o alumnado.

En Vilalba reestrearon as instalacións os alumnos e alumnas das certificacións de Actividades Administrativas na Relación co Cliente e de Deseño na Industria Naval. En Lugo volveron ás clases os estudantes de Caldeiraría e Estruturas Metálicas, Xestión e Contro dl Aprovisionamento, Operacións Axuliares de Servizos Administrativos e Xerais e Dinamización Comunitaria. O día 2 será a quenda do grupo de Programación de sistemas informáticos e a última formación en regresar á actividade será a de Representación de Proxectos de Obra Civil.

Para todos foi unha xornada moi especial. Un novo inicio, cunha nova realidade, unhas novas condiciones pero unha mesma meta: apoiar a todos os alumnos e alumnas que confían en Estudios Rafer para impulsar o seu futuro profesional.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Translate »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad