Por que un Certificado de Profesionalidade?

Preguntácheste algunha vez por que os Certificados de Profesionalidade son unha das mellores solucións para atopar traballo actualmente? Se a resposta é afirmativa, hoxe queremos axudarche a despexar esa dúbida. Toma asento e le con atención.

Estamos inmersos nunha sociedade en continuo cambio, na que cada vez é máis necesario que os profesionais actualicen constantemente os seus coñecementos. A formación é un factor que enriquece os perfís activos potenciando as súas competencias e que axuda a aqueles que buscan destacar na súa procura activa de emprego. Os Certificados de Profesionalidade son, neste caso, unha ferramenta efectiva e coa que podes lograr resultados a curto prazo.

Son titulacións emitida polo Servizo Público de Emprego ( SEPE) ou polas Comunidades Autónomas, con validez en toda España e na Unión Europea e equivalen aos títulos de Formación Profesional (FP) outorgados polo Ministerio de Educación. Os seus contidos, regulados oficialmente, garanten as habilidades para desempeñar un posto de traballo concreto no que, ademais, vas lograr unha primeira experiencia profesional a través das Prácticas Profesionais non Laborais en Empresas.
Queres máis motivos?

– É gratuíta: na maioría dos casos este tipo de formación impártese de forma gratuíta grazas ás subvencións estatais ou autonómicas. Adquirir formación e experiencia sen ningún custo! Pois si, en Estudios Rafer é posible.

Co teu título ao cabo do mundo: bo, de momento non tan lonxe. Pero como che dixemos arriba estas titulacións están regradas e recoñecidas en todo o territorio nacional e a Unión Europea. Tes 17 comunidades autónomas e 27 países nos que podes atopar traballo grazas a esta titulación. Case nada.

– Onde ti queiras: neste tipo de formación contémplanse os modelos presenciais e de teleformación. O escenario pos Covid fai que ferramentas como o Campus Online de Estudos Rafer che permítan seguir a túa formación desde onde ti queiras.

– Unha boa porta de entrada: as Prácticas Profesionais non Laborais en Empresas non son só unha excelente oportunidade de desenvolver os coñecementos teóricos que adquiriches, tamén poden ser unha gran oportunidade para que os empregadores te coñezan. A túa carta de presentación a quen pode acabar contratándote.

– Unha actualización necesaria: nun mercado laboral en continua evolución é cada vez máis necesarios estar en constante actualización. Os Certificados son unha forma efectiva e accesible de adquirir novos coñecementos e que ademais estes estean contrastados.

Interesante verdade? Pois se queres saber máis ponche en contacto connosco e informarémoste encantados de todas as posibilidades que tes. Corre, o teu futuro está a esperarte!

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte una mejor experiencia de navegación. Si continúas navegando consideraremos que aceptas su uso. Más información